Etiquetas

Jorge Peteiro

Falece Jorge Peteiro, un dos pintores galegos de referencia.
O artista coruñés morreu onte na súa casa estudo de Sada. A súa peculiar obra é recoñecida en todo o mundo:
«Si de algo estou orgulloso é de que o meu estilo sexa recoñecido» 

CORCUBIÓN
Nacido na Coruña fai 53 anos, Jorge Peteiro iniciara a súa carreira artística nos anos setenta. Entre 1973 e 1977 participou activamente en grupos de teatro independente, na creación dun dos primeiros fanzines da cidade e pintou os seus primeiros murales. No 77 trasládase a Santiago para estudar Psicoloxía e Empresariais e entra en contacto con grupos de clara tendencia contracultural. Foi unha época de longas viaxes por museos e cidades de Italia, Francia e España, ata radicar en 1979 na Escola de Belas Artes de San Carlos, Valencia, na que obtivo a licenciatura.
«A xente está cansada de ver sempre máis do mesmo e isto é unha linguaxe persoal que a xente agradece, igual que a cor ou as composicións que realizo». «A miña pintura é amable para o público, pero non para os críticos ou os galeristas. É alegre, si, divertida, atractiva. A miña pintura quere potenciar a vida, pero a vida boa, a do xogo e a alegría, a vida de verdade. E para iso non ten por que haber límites para unha persoa normal».
Para mais información:    PETEIRO                         El Correo Gallego             La Voz de Galicia               La Opinión

No hay comentarios: